Most Viewed Posts
O próximo domingo 26 de Marzo volven os Camiños Fotográficos!! Nesta ocasión achegarémonos ata Melón, onde pola mañá faremos una pequena ruta polas súas fermosas pozas e pola tarde visitaremos, dende un punto de vista fotográfico, a Aldea Vella de Codesás. Alí, da man de Víctor Barro (Fotos con Letra), faremos un completo percorrido no que, ademáis de disfrutar coas paisaxes das fervenzas, falaremos sobre técnica (tempos de exposición, o enfoque como forma de expresión, fondos desenfocados, coidados e atractivos, fotos macro…), composición e manexo da cámara/móbil, resolveremos retos fotográficos e responderemos a todas as dúbidas que poidas ter. Non é necesario ter coñecementos previos nin un tipo de cámara específico: SLDR, EVIL, Smartphone, compacta … Podedes traer trípode se tedes. Sen complexos, sen límites 😉
INFORMACIÓN
A RUTA
Pola mañá faremos un bonito roteiro remontando o cauce do río Cerves. Alí iremos pasando por unha sucesión de fervenzas, a cada cal máis fermosa, sempre acompañados por Víctor, que nos dará diferentes explicacións, proporá varios xogos fotográficos e irá resolvendo todas as dúbidas que poidamos ter. Trátase dun percorrido apto para calquera persoa mínimamente acostumada a camiñar pola natureza.
Pola tarde achegarémonos ata a Aldea Vella de Codesás. Trátase dun pobo abandoado cunhas vintecinco construccións tradicionais de pedra e onde, paseando polas súas rúas, deixaremos voar a nosa imaxinación. Ademáis veremos unha bonita eira con casi vinte canastros!
INSCRIPCIÓNS (15€):