¡Prazas Agotadas! Podes poñerte en contacto, por se hai algunha baixa, a través de 636085133 / [email protected]
O próximo domingo 07 de Novembro voltamos ós Camiños Fotográficos !! De novo, da man do fotógrafo Víctor Barro, faremos un percorrido duns 10 km nos que, ademais de disfrutar coas paisaxes do outono na Ribeira Sacra do Miño, falaremos sobre técnica, composición e manexo da camera, resolveremos retos fotográficos e responderemos a todas as dúbidas que poidas ter. Non é necesario ter coñecementos previos nin un tipo de cámara específico: SLDR, EVIL, Smartphone, compacta … Sen complexos, sen límites;)
Informacion
Ruta
Comezamos a camiñar na presa de Belesar, dende onde nos dirixiremos, baixo o frondoso bosque, cara a zona de Pesqueiras. Alí, alternando tramos de viñedo e de souto, chegaremos ata a súa bonita iglesia románica. O segundo tramo da ruta continúa de novo polo bosque en dirección á zona de San Fiz, pasando por algúns dos viñedos máis coñecidos de Val do Miño, disfrutando y fotografando como súas cores de outono.
Inscripciones (15 €)