O próximo domingo 11 de Decembro volven os Camiños Fotográficos!! Nesta ocasión achegarémonos ata Allariz, onde pola mañá faremos una pequena ruta polas ribeiras do río Arnoia e pola tarde percorreremos o seu fermoso Casco Histórico dende un punto de vista fotográfico. Alí, da man de Víctor Barro (Fotos con Letra), faremos un completo percorrido no que, ademáis de disfrutar coas paisaxes de outono na Reserva da Biosfera, falaremos sobre técnica, composición e manexo da cámara/móbil, resolveremos retos fotográficos e responderemos a todas as dúbidas que poidas ter. Non é necesario ter coñecementos previos nin un tipo de cámara específico: SLDR, EVIL, Smartphone, compacta … Sen complexos, sen límites 😉
INFORMACIÓN
A RUTA
Comezaremos o roteiro polas beiras do río en dirección ó Briñal, Zona Núcleo da Reserva da Biosfera. Camiñaremos polos bosques, rodeados polas cores de outono, e xogaremos cos preciosos reflexos do río Arnoia sempre acompañados por Víctor, que nos dará diferentes explicacións, proporá varios xogos fotográficos e irá resolvendo todas as dúbidas que poidamos ter. Trátase dun percorrido apto para calquera persoa un pouquiño acostumada a camiñar pola natureza.
Pola tarde achegarémonos ata o Casco Vello de Allariz, un dos máis bonitos de Galicia. Alí visitaremos diferentes localizacións, coma a Ponte Románica de Vilanova, a Praza Maior ou o Castelo, dando vía libre á nosa imaxinación. De novo Víctor nos acompañará en todo momento, planteando de novo retos e actividades, xogando cos cambios de luz da tarde e culminando co solpor.
INSCRIPCIÓNS (15€):